» » Cantares gallegos

Cantares gallegos

Cantares gallegos
Category:
Title: Cantares gallegos
Release Date: 2019-03-08
Type book: Text
Copyright Status: Public domain in the USA.
Date added: 27 March 2019
Count views: 118
Read book
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 ... 13

Cubierta del libro

[p. 3]

OBRAS COMPLETAS

DE

ROSALÍA DE CASTRO

II


[p. 5]

OBRAS COMPLETAS
DE
ROSALÍA DE CASTRO

II

CANTARES GALLEGOS

Motivo ornamental

MADRID

LIBRERÍA DE LOS SUCESORES DE HERNANDO

Calle del Arenal, 11.

1909


[p. 6]


Imprenta de los Sucesores de Hernando, Quintana, 33.


[p. 7]

Á Fernán Caballero.

Señora: Por ser mujer y autora de unas novelashacia las cuales siento la más profunda simpatía, dedico á usted estelibro. Sirva él para demostrar á la autora de La Gaviota y deClemencia el grande aprecio que la profeso, entre otras cosas,por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que seocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretendemanchar mi país.

Santiago, 17 de mayo de 1863.

Rosalía Castro de Murguía.


[p. 9]

PRÓLOGO

Grande atrevemento é sin duda prá un probe inxenio com’ ó que mecadrou en sorte dar á luz un libro cuyas páxinas debían estar cheyasde sol, d’ armonía e d’ aquela naturalidade que unida á unha fondaternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas,forman á mayor belleza d’ os nosos cantos populares. A poesíagallega, toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros e doçessonrisiñas, mormuxando unhas veces c’ os ventos misteriosos d’ osbosques, briland’ outras c’ ó rayo de sol que cai sereniño por enribad’ as auguas d’ un río farto e grave, que corre baixo as ramas d’ ossalgueiros en frol, compríalle para ser cantada un sprito subrime ecristaiño, si así ó podemos decir, unha inspiración fecunda, com’á vexetación que hermosea[p.10] esta nosa privilexiada terra, e sobre todo un sentimentodelicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiroorden, tanto fuxitivo rayo d’ hermosura como se desprende de cadacostume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chamanestúpido, e á quen quisáis xusguen insensibre, extraño a devinapoesía. Mais naide ten menos qu’ eu teño as grandes cualidades queson precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampoucose pudo achar animado d’ un máis bon deseo prá cantar as bellezas danosa terra n’ aquel dialecto soave e mimoso que queren facer bárbaroos que non saben que aventaxa ás demáis linguas en doçura e armonía.Por esto, inda achándome débil en forzas, e n’ habendo deprendido enmáis escola qu’ á d’ os nosos probes aldeáns, guiada sólo por aquelescantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidadosque tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’ á cuna, e queforan recollidos pó-lo meu coraçón como harencia propia, atrevinmeá escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer cómoalgunhas d’ as nosas poéticas costumes inda conservan certa frescurapatriarcal e primitiva, e cóm’ ó noso dialecto doçe e sonoro é tanapropósito com’ ó pirmeiro para toda clase de versificación.

[p. 11]As miñas forzas écerto quedaron moito máis abaixo d’ ó que alcançaran os meus deseyos,e por eso, comprendendo cánto poidera facer nesto un gran poeta,dóyome inda máis da miña insuficença. O Libro d’ os Cantares de D.Antonio Trueba, que m’ inspirara e der’ alento prá levar á cabo estetraballo, pasa pó-lo meu pensamento com’ un remorso, e casi asomanas vagoas ôs meus ollos ó pensar cómo Galicia se levantaría hastr’ ólugar que lle corresponde si un poeta como Anton ó d’ os Cantaresfose ó destinado prá dar á conocer as suas bellezas e as suascostumes. Mais á miña infeliz patria, tan desventurada nesto como entod’ ó máis, tense que contentar c’ unhas páxinas frías e insulsas,qu’ apenas serían dinas d’ achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso,como non fosse pó-lo nobre sentimento que as creou. ¡Qu’ esto mesmome sirva de disculpa prá os que xustamente quirtiquen as miñasfaltas, pois penso que ó que s’ esforça por desvanecer os errores quemanchan e ofenden inxustamente á sua patria é acreedore á algunhaindulxencia!

Cantos, vagoas, queixas, sospiros, serans, romerías, paisaxes,debesas, pinares, soidades, ribeiras, costumes, tod’ aquelo, en fin,que pó-la sua forma e colorido é dino de ser cantado, todo ó que tuvoun eco, unha[p. 12] voz,un runxido por leve que fosse, con tal que chegase á conmoverme,tod’ esto m’ atrevín á cantar neste homilde libro prá desir unha vezsiquera, y anque sea torpemente, ôs que sin razón nin conocement’algún nos despreçan, qu’ a nosa terra é dina d’ alabanzas, e qu’ anosa lingua non é aquela que bastardean e champurran torpemente násmáis ilustradísimas provincias, c’ unha risa de mofa, qu’ á desirverdade (por máis qu’ esta sea dura), demostra á iñorancia máis crasay á máis imperdoable inxusticia que pode facer unha provincia á outraprovincia hirmán, por probe qu’ ésta sea. Mais he aquí qu’ ó máistriste nesta cuestión é á falsedade con que fora d’ aquí pintan, asíôs fillos de Galicia com’ á Galicia mesma, á quen xeneralmente xuzganó máis despreciable e feyo d’ España, cando acaso sea ó máis hermosoe dino d’ alabanza.

Non quero ferir con esto á susceptibilidade de naide, anque ádecir verdade, ben poidera perdonárselle este pequeno desafogo áquen tan ferida foy de todos. Mais, eu qu’ atravesei repetidasveces aquelas soledades de Castilla, que dan idea d’ ó deserto;eu que recorrín á feraz Extremadura e á extensa Mancha, dond’ ósol cai á promo alomeando monótonos campos, donde ó cor d’ á pallaseca prest’ un tono can[p.13]sado ó paisaxe que rinde e entristece ó esprito, sin unhaherbiña que distraya á mirada que vai perderse nun ceo sin nubes,tan igual e tan cansado com’ á terra que crobe; eu que visitei oscelebrados arredores d’ Alicante, dond’ os olivos, có seu verd’escuro, sembrados en fila e de raro en raro parecen chorar de versetan solitarios, e vin aquela famosa horta de Murcia, tan nomeada, etan alabada, e que, cansada e monótona com’ ó resto d’ aquel paíse,amostra á sua vexetación tal como paisaxes pintados nun cartón conárbores postos simétricamente e en carreiriños para divertisión d’os nenos, eu non podo menos d’ indignarme cand’ os fillos d’ esasprovincias que Dios favoreceu en fartura, pero non ná belleza d’ oscampos, búlranse d’ esta Galicia competidora en clima e galanurac’ os países máis encantadores da terra; esta Galicia donde todo éespontáneo na natureza e en donde á man do home cede ó seu posto áman de Dios.

Lagos, cascadas, torrentes, veigas froridas, valles, montañas,ceos azues e serenos com’ os d’ Italia, horizontes nubrados emalencónicos, anque sempre hermosos com’ os tan alabados da Suiza;ribeiras apacibres e sereniñas, cabos tempestuosos qu’ aterrane adimiran pó-la sua xigantesca e xorda cólera..., mares[p. 14] inmensos..., ¿qué direimáis? Non hay pruma que poida enumerar tanto encanto reunido. Aterra cuberta en tóda-las estacións de herbiñas e de frores; osmontes cheyos de pinos, de robres e salgueiros; os lixeiros ventosque pasan; as fontes y os torrentes derramándose fervedores ecristaiños, vran e inverno, xa pó-los risoños campos, xa en profundase sombrisas ondanadas... Galicia é sempre un xardín donde se respiranaromas puros, frescura e poesía... E á pesar d’ esto chega á tanto áfatuidade d’ os iñorantes, á tanto á indina preocupación que contraá nosa terra existe, qu’ inda os mesmos que poideron contemprartanta hermosura (xa non falamos d’ os que se bulran de nos sin quexamáis nos hayan visto nin ainda de lonxe, que son os máis), indaos que penetraron en Galicia e gozaron d’ as delicias qu’ ofrece,atrevéronse á decir que Galicia era... ¡¡un cortello inmundo!!...¡Y éstos eran quisáis fillos... de aquelas terras abrasadas d’ ondehastra os paxariños foxen!... ¿Qué diremos á esto? Nada máis si-nonque taes fatuidades respecto de noso país, teñen algunha comparanzac’ as d’ os franceses ô falar d’ as suas eternas vitorias ganadasôs españoles. España, nunca, nunca os venceu; pó-lo contrario,sempre saleu vencida, derrotada, homillada, e ó máis triste d’ estoé que val antr[p. 15]’eles tan infame mentira, así como val prá á seca Castilla, prá ádeserta Mancha e prá tóda-las demáis provincias d’ España—ningunhacomparada en verdadeira belleza de paisaxe có á nosa—, que Galiciaé ó rincón máis despreciable da terra. Ben din que todo neste mundoestá compensado, e ven así á sofrir España d’ unha nación veciña quesempre á ofendeu á misma inxusticia qu’ ela, inda máis culpabre,comete c’ unha provincia homillada de quen nunca s’ acorda, como nosea prá homillala inda máis. Moito sinto as inxusticias con que nosfavorecen os franceses, pró neste momento casi lles estou agradecida,pois que me proporcionan un medio de facerlle máis palpabre á Españaá inxusticia qu’ ela á sua vez conosco comete.

Foy este ó móvil principal que m’ impeleu á pubricar este libro,que máis que nadie conoço que necesita á indulxencia de todos.Sin gramática nin regras de ningunha clás, ó lector topará moitasveces faltas d’ ortografía, xiros que disoarán ôs oídos d’ unpurista; pró ô menos, e prá disculpar en algo estos defectos, puxenó mayor coidado en reprodusir ó verdadeiro esprito d’ ó noso pobo,e penso qu’ ó conseguín en algo..., si ben de unha maneira débil efroxa. ¡Queira ó ceo qu’ outro máis afertunado qu’ eu poida[p. 16] describir c’ os seuscores verdadeiros os cuadros encantadores que por aquí s’ atopan,inda no rincón máis escondido e olvidado, prá qu’ así, ô menosen fama, xa que non en proveito, gane e se vexa c’ o respeto eadimiración merecidas esta infortunada Galicia!


[p. 17]

I

As de cantar

Que ch’ ei de dar zonchos;

As de cantar

Que ch’ ei de dar moitos.

I

«As de cantar,

Meniña gaiteira,

As de cantar,

que me morro de pena.

Canta, meniña,

Na veira da fonte,

Canta, dareiche

Boliños do pote.

Canta, meniña,

Con brando compás,

Dareich’ unha proya

Da pedra do lar.

[p. 18]Papiñas con leite

Tamén che darei,

Sopiñas con viño,

Torrexas con mel.

Patacas asadas

Con sal e vinagre,

Que saben á noces,

¡Qué ricas que saben!

¡Qué feira, rapaza,

Si cantas faremos!...

Festiña por fora,

Festiña por dentro.

Canta si queres,

Rapaza do demo,

Canta si queres,

Dareich’ un mantelo.

Canta si queres,

Na lengua qu’ eu falo,

Dareich’ un mantelo,

Dareich’ un refaixo.

Có son da gaitiña

Có son da pandeira,

Che pido que cantes,

Rapaza morena.

[p. 19]Có son da gaitiña,

Có son do tambor,

Che pido que cantes,

Meniña, por Dios.»

II

Así mô pediron

Na veira do mar,

O pe das ondiñas

Que veñen e van.

Así mô pediron

Na veira do río

Que corr’ entr’ as erbas

Do campo frorido.

Cantaban os grilos,

Os galos cantaban,

O vento antr’ as follas

Runxindo pasaba.

Campaban os prados,

Manaban as fontes

Antr’ erbas e viñas,

Figueiras e robres.

Tocaban as gaitas

O son das pandeiras,

[p. 20]Bailaban os mozos

Cás mozas modestas.

¡Qué cofias tan brancas!

¡Qué panos con freco!...

¡Qué dengues de grana!

¡Qué sintas!, ¡qué adresos!

¡Qué ricos mandiles!

¡Qué verdes refaixos!...

¡Qué feitos xustillos

De cor colorado!

Tan vivos colores

A vista trubaban,

De velos tan váreos

O sol se folgaba.

De velos bulindo

Por montes e veigas,

Coidou qu’ eran rosas

Garridas e frescas.

III

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 ... 13
Comments (0)
Free online library ideabooks.net